Ya podéis consultar las fechas para las finales del concurso QUEROSTAR de Airapro

Posted on 18/07/2011

3


Este jueves 21 de julio comienzan los conciertos finales del concurso QUEROSTAR. Como ya sabréis los que estáis en el ajo, de las 150 bandas participantes han quedado, ha día de hoy, tan solo 10 de elllas, cuyo listado definitivo podéis consultar en este enlace.

A partir de este jueves se sucederán conciertos de cada dos grupos hasta el total de cinco. De aquí saldrá la selección definitiva de tres que competiran por el premio final de 1.000 euros y la grabación de un directo en la Radio Galega.

Os dejamos a continuación la explicación del proceso que tienen colgada los de QUEROSTAR en su web:

Comeza unha nova fase. Logo de seleccionar a 10 grupos entre as 135 bandas inscritas no certame, agora chega o momento dos concertos. Cada grupo terá que defender a súa proposta de riba do escenario, en directo na Sala The Star, o local de espectáculos de Carral que acolle o certame de música ao vivo QUEROSTAR. Serán cinco días de concerto con dous grupos actuando cada día, comezando por este mesmo xoves, 21 de xullo. 

Os grupos vigueses Neverside (metal) e The Outsiders (hard rock) serán os encargados de inaugurar esta fase de concertos este xoves, 21 de xullo, na Sala The Star. Neverside -unha cañerísima banda creada en 2009 e formada por Cristian ao baixo e á voz, Nacho na batería, e Raphael e Javier ás guitarras- foi o segundo grupo máis votado polos internautas durante a fase de votación, mentres que The Outsiders (Tomás á voz, Luís e David ás guitarras, Adri no baixo e Manu á batería) quedou na quinta posición na lista dos máis votados.

Como ocorrerá no resto dos directos do QUEROSTAR, o concerto deste xoves poderase ver e oír en directo por streaming a través da web http://www.querostar.com. Todos os concertos comezarán ás 22:30 e a entrada custará 3 euros (só hai que pagar unha entrada para ver os dous grupos). Entre todas as persoas que asistan aos concertos na Sala sortearase un ipod ao rematar o certame. 

O calendario completo de concertos é o seguinte:  NOTAincluimos aquí enlaces de interés (axitpop)

21 de xullo – THE OUTSIDERS + NEVERSIDE

4 de agosto – ATAQUE ESCAMPE + MOON CRESTA

18 de agosto – AGÓNICA + FREEDOM XLAVE

25 de agosto – MOONDOGS BLUES PARTY + NOC

1 de setembro – ORQUESTRA ACONFÓNICA + A CONA YEYÉ 

AS NOTAS>> Público (40%): un voto por consumición + Xurado (60%): Luís P. Ferreiro e Santi Romay

Tanto o público que asista aos concertos na Sala The Star como o xurado serán os que decidan o nome dos tres grupos que pasarán á gran final do certame e levarán os premios de 1.000, 500 e 300 euros para o primeiro, segundo e terceiro clasificado. O xurado está composto por dous expertos musicais dos que xa se coñecen os nomes: o xornalista Luis P. Ferreiro, responsable da sección de cultura local do xornal La Opinión de A Coruña e autor do blog musical La Cueva del Zorromono, e o actor Santi Romay, organizador do festival Nordestazo Rock, que este ano celebra a terceira edición. Cada un deles puntuará de 1 a 5 cada concerto, notas que se publicarán ao rematar todos os directos e que se ponderarán ao 60% coa nota outorgada polo público. 

Canto ao público, con cada consumición os asistentes aos concertos na Sala The Star recibirán un código de votación co que poderán puntuar, tamén de 1 a 5, a cada grupo mediante nunha pantalla táctil instalada na propia sala. Poderán votar tantas veces como consumicións tomen. A nota media do público en cada concerto pesará un 40%. 

Ao rematar todos os concertos, en setembro, publicaranse as notas medias de público e xurado que recibiu cada grupo, así como a nota definitiva logo de facer o cálculo 40-60%. Os tres grupos con mellor nota pasarán á gran final que terá lugar en outubro e repartiranse os 1.800 euros de premios.

Xornalismo musical

Ao comezar os concertos comeza tamén o I Certame de Xornalismo Musical QUEROSTAR, unha iniciativa coa que Airapro, a produtora que organiza o certame, quere potenciar a análise crítica da música e dos concertos en directo. Calquera persoa que asista ou vexa pola rede un concerto do Querostar poderá mandar a súa crónica do mesmo, que será publicada na web do certame. O día da final, en outubro, un xurado escollerá a mellor crónica, que será premiada con 200 euros en metálico”.